A participación cidadá é un dos pilares da Transparencia, xunto co Acceso á Información, a Publicidade Activa e o Bó Goberno. O que se pretende é fomentar a implicación da cidadanía e a rendición de contas. A Deputación promove a transparencia e a participación cidadá mediante a posibilidade de que os cidadáns colaboren na toma de decisións a través da realización de consultas públicas e outras iniciativas de participación: enquisas, desenvolvemento de orzamentos participativos, consulta de proxectos, etc.
Por acordo plenario da Deputación de Lugo de data 29 de novembro de 2016, aprobáronse as “DIRECTRICES SOBRE A CONSULTA PÚBLICA PREVIA NO PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DAS ORDENANZAS E REGULAMENTOS PROVINCIAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.”
Estas directrices teñen por obxecto incorporar a consulta pública previa no procedemento para a elaboración das ordenanzas e regulamentos provinciais.
Polo tanto, con carácter previo á redacción do texto dunha ordenanza ou regulamento provincial, formularase unha consulta pública a través do portal de transparencia na que se solicitará a opinión da cidadanía e das organizacións mais representativas potencialmente afectadas pola futura ordenanza ou regulamento, nos termos establecidos no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Pode consultar o texto íntegro destas directrices na seguinte ligazón
É un proceso a través do que todos os cidadáns da provincia de Lugo contribúen ca súa opinión a determinar as necesidades prioritarias e as áreas de actuación fundamentais do orzamento da Deputación A Deputación xa levou a cabo iniciativas similares, podes consultar información sobre os primeiros orzamentos participativos (ano 2015) na seguinte ligazon