Regulamento Hortas Urbanas Ecolóxicas no Parque de Río Rato

Concello: Deputación de Lugo

Area: MEDIO AMBIENTE

Data inicio: 2017-06-28

Data fin: 2017-07-13

Descrición

CONSULTA PÚBLICA PREVIA NO PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DO REGULAMENTO PROVINCIAL DAS HORTAS URBANAS ECOLÓXICAS NO PARQUE DO RÍO RATO E DE PARADAI DA EXC

Contido

A Deputación de Lugo é propietaria dunhas parcelas sitas no Parque do río Rato e de Paradai, no concello de Lugo, que desde fai anos están dedicadas a hortos urbanos.
O pasado 31 de decembro de 2016, o encargo da xestión destes hortos á Federación de Asociacións de Veciños de Lugo "Lucus Augusti" rematou e a responsabilidade foi asumida polo Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, aproveitando dita circunstancia para dar outro enfoque e outra importancia aos hortos.
A primeira actuación que realizou o Servizo de Medio Ambiente a finais do ano 2016 foi o contacto con todos os usuarios dos hortos tratando de facerlles chegar un cuestionario no cal queríamos coñecer a realidade dos hortos e tamén saber de primeira man as necesidades que manifestaban os usuarios. Esta ferramenta serviu para planificar as actuacións que se pretenden levar a cabo nos hortos urbáns.
Detectouse unha grande inquedanza pola dinamización dos hortos por parte dos usuarios, en materia de formación, traballos nos hortos, actividades, publicacións e itinerarios para escolares etc.
Por esta razón no Regulamento proporase a creación dun Consello de Hortas para favorecer a participación dos usuarios e o contacto directo entre a Deputación e os usuarios, e recoller as súas inquedanzas

Resultado da consulta

Número de respostas:

Distribución respostas