Modificación da ordenanza xeral de subvencións

Concello: Deputación de Lugo

Area: FOMENTO-SUBVENCIÓNS

Data inicio: 2020-02-27

Data fin: 2020-03-16

Descrición

Consulta previa sobre a modificación da Ordenanza Xeral de Subvencións

Contido

1. Antecedentes:

  1. Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Lugo, publicada no BOP do 07 de marzo de 2005.
  2. Modificación da Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Lugo, publicada no BOP do 13 de xullo de 2006.


2. Obxectivos da modificación:
Coa iniciativa preténdese simplificar e reducir as cargas administrativas mediante a modulación dun sistema de solicitude e xustificación de subvencións a través de medios electrónicos, potestativo para os suxeitos que non teñan a obriga de relacionarse coas administración públicas por medios electrónicos, de conformidade co establecido no artigo 14.1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; dotar a ordenanza dunha linguaxe máis inclusiva; sistematizar e reorganizar aspectos regulatorios que se atopan dispersos buscando un texto estruturado que facilite a súa interpretación e recoller de
forma expresa obrigas contidas na normativa que non se atopaban recollidas no texto anterior, como a publicación das subvencións a través da Base de datos Nacional de Subvencións.

3. Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa:
Dispoñer dun marco normativo adaptado á lexislación vixente.

Mellorar a calidade dos procedementos de xestión axillizando tanto a solicitude como a xustificación das subvencións, coa xeneralización do uso de medios electrónicos, ao tempo que se incrementa a seguridade xurídica - coa incorporación dunha estrutura que facilita a comprensión do texto - e a transparencia, a través da publicidade das subvencións.

Fomentar unha sociedade máis igualitaria ao incorporar linguaxe non sexista e inclusivo.

4. Posibles solución alternativas regulatorias:

  1. Elaborar unha nova ordenanza de forma que se diseñe o sistema ex novo
  2. Realizar unha modificación parcial da ordenanza en vigor, incorporando novos
    contidos e rectificando os existentes.


Das dúas opción plantexadas cabe descartar a primeira pola falta de inmediatez derivada da demora que supón a elaboración ex novo dun texto normativo, considerando que a
modificación parcial dalgúns aspectos da ordenanza vixente resulta máis acaída para resolver as dificultades que xenera a obsolescencia da mesma.

5. Necesidade e oportunidade da aprobación:


Preténdese establecer un marco común que recolla os importantes avances producidos na realidade social e normativa.

É preciso avanzar e mellorar na calidade da xestión dos procesos de concesión e xustificación das subvencións concedidas, debendo axustar á ordenanza vixente aos cambios acontecidos na última década. 

Resultado da consulta

Número de respostas:

Distribución respostas